miércoles, 28 de marzo de 2007

TOMAS FALSAS NO TELEDIARIO PORTUGUÉS




Aquí veredes aos meus compañeiros e a un servidor- tentando falar en portugués- metendo a pata ata o fondo.

Disfrutade o vídeo

martes, 27 de marzo de 2007

YA TARDABA UN VÍDEO DE LA WATLING




Y aquí os dejo una de mis canciones favoritas: ONCE UPON A TIME ...
creo que es de un concierto en barcelona...

But there's no sun stars don't come out
I can't hear anyone near...

lunes, 26 de marzo de 2007

Da enciclopedia aos meus ollos

¿quen me ía dicir que ía pasar de ter entre as miñas mans unha foto de Lisboa dentro dunha enciclopedia a ter entre as miñas mans unha foto feita por min no lugar dos feitos?

Bonitos xardíns do Parque Eduardo VII, bonita estatua do Marqués de Pombal ao fondo...
tráfego... tranquilidade... cans a pasear... a Estufa Fría (porei foto máis adiante)
unha fonte, un lago, xente distraida... bancos no medio da multitude... bancos suministradores de cartos...
soños en xardíns... sentados con alguén ou cun mesmo....

Camiñar un sábado pola tarde con esa persoa... desaparecer do mapa... cruzarse con xente completamente descoñecida e sorrir... embargado por unha sensación agradable de absoluto anonimato... camiñar sen dar explicacións... fuxir por un momento da cotidianeidade dos días...
sentir sen que ninguén saiba o que sentes... agocharte entre labirintos de paixón... empuxarte ao abismo sen medo a que ninguén estea aí para te recoller...
Correr por entre os camiños inescrutábeis da vida... quebrar as luces coa mirada cansa de tanto desexar a ese alguén que non está...
Camiñar sobre unha liña de fogo ao borde do suicidio, como un funambulista tolo que acaba de chegar por primeira vez ao circo.

sábado, 24 de marzo de 2007

bolo bolomakoté!!!!!!!! TERRAKOTA





Non sei quen fixo este vídeo, pero a verdade é que está xenial...
Que vontade de danzar me está entrando...
Disfrutádeo

viernes, 23 de marzo de 2007

Os Terrakota de novo en Lisboa

Onte á noite tiven o privilexio de asistir a un concerto dos Terrakota. Xa actuaran en Lisboa noutras ocasións. Esta vez foi no Santiago Alquimista, perto do Castelo de São Jorge.
Sen palabras. Sen folgos acabamos. Bailando durante unha hora e media... A verdade é que son uns putos cracks. A fusión e a peculiar voz da cantante- onde a ven, ten xa dous fillos- cautivoume desde o primeiro segundo. Se ben é certo, que se demoraron unha hora pagou a pena a longa espera... e tanto!!!
Terrakota é un grupo portugués que mestura sons africanos con reminiscencias flamencas. Frases en inglés, portugués, español, francés, wollof, soussou, yoruba, mandinga, hindú e africano demostran que son cidadáns do mundo tal e como dicía Sócrates. A súa verba preferida é Liberdade, palabra que está implícita en todos e cada un dos temas que interpretan faga frío faga calor cun espírito africano de irse desprendendo, de vivi-lo momento...
Sen palabras. A ver se consigo subir algún vídeo deste grupo que descubrín hai pouco. Unha grande descuberta sen dúbida... e aínda por riba en Lisboa...
Hai días en que me sinto un auténtico afortunado, coma onte pola noite. A ver se se repiten días coma os de onte antes de que a facultade feche e teña que voltar a Santiago.

miércoles, 21 de marzo de 2007

Día mundial da poesía, da floresta e 50 aniversario do Tratado de Roma

Ante esta proba contundente do aquecemento global sobran palabras. Hoxe foi o día mundial da poesía... pero eu quero banalizar este día... hoxe foi o día da floresta ¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿ supoño que serán os portugueses os que celebran este día porque nunca ouvira....
e o quincuaxésimo aniversario da UE...
¿Alguén sabe se hai algún día mundial para a roupa interior?
ou no seu defecto para aqueles que non usan nin bragas nin hostias??
Banalizando de novo o blog para rematar definitivamente coa pouca credibilidade e seriedade que isto puidera ter....
Feliz día a todos... teñen onde escoller... poesía, floresta ou UE... ¿Alguén dá máis?

lunes, 19 de marzo de 2007

Chanquete ha muerto !!!!!!!!!!!!!





Qué trágica noticia la de Chanquete, el alma de Verano Azul aquella serie que todos recuerdan- menos yo-.
Aquí les dejo, cual noticiario dando la muerte de Francisco Franco Bahamonde, la escenita de marras que tanto nos hizo llorar- bueno... yo lloro por no reír... porque vaya por dios el actor que da la noticia no se sabe si está riendo, llorando o esputando...
en fin...
Bienvenida primavera
listos estamos para recibir el veranito anticipado que nos brinda el sur...
menos hoy que por poco nos cae un rayo en la cabeza mientras el sol nos deja ciegos...

sábado, 17 de marzo de 2007

O violino de Ingres por Man Ray de ALBA CID

"... e sen embargo / esta historia é miña/
e todos os finais posibles son tamén sagrados"
(Emma Couceiro)

Não sei se o deserto acollerá o noso surrealismo esguío

(¿sabes? Había tanta vaidade
afogando no xadrezado das vontades...)


E ti, inigualábel baixo o sombreiro vedado
puxéchela de costa ao bruído lento,
(por máis que sabes das illas onde maduran sinfonías).

Alí esperaches, (co foco covarde)
a que eu saíse do Palácio da Pena
lambendo o pincel das carballeiras destramadas

Sombras chinesas no reduto dos antollos
Logo déusenos por dicir que a modelo era muda
porque o turbante lle oprimía o beiril dos poemas

Coa complicidade da beleza en fotogramas,
co alento desta cidade esculpida no ventre das farolas
puxen a pel ao servizo da tinta, e ela deixouse facer

A requintada suite dos salaios harmónicos... e convertina en violín
Dous oídos en "efe" , nígreos arcos da vella sombreados no lombo espido

Não sei se o queixume carnal e absurdo
saberá por sempre sintetizar
a seda do noso lirismo.


Alba Cid
(Albiña)

jueves, 15 de marzo de 2007

Ni Benny Hill ni leches: Kusturica is the best




Sin palabras... non podo parar de rir... aínda que xa se sabe que o humor, en parte, é subxectivo...

martes, 13 de marzo de 2007

Povo que lavas no rio





Este vídeo vai dedicado á persoa que me descubriu esta canción.
Con agarimo para Dinquechove. Unha aperta

lunes, 12 de marzo de 2007

Entre bocinazos estridentes às 3.32 a.m., Xan non era quen de durmir. Levaba unhas dúas horas tentando que o sopor e o cansazo o deixaran grogui...
Decidiu erguerse e poñer un dos seus filmes favoritos: Annie Hall de Woody Allen. Custáralle moito decantarse entre Manhattan e ésta última. Cecais fose a personaxe de Diane Keaton, cecais o formato do filme (a cor no canto de en branco e negro de Manhattan).
No transcurso do monólogo de Alvy (Allen) do principio da fita, Xan asomouse á fiestra. Era entroido. Un par de garridos disfrazados paseaban polas ruelas molladas da cidade. Batman e Superman. Home. HOme. HOme. Man. Man.Man.
Sentía frustración e o xeito de canalizala, sen dúbida, era vendo e oindo eses diálogos do neoiorquino.
Esa ironía que tanto o complacía, facéndoo esquecer por un momento que a súa particular Annie Hall tamén o deixara por outro mamón, por outro fillo de puta.
Xan tiña uns 30 anos, fumaba Winston e bebía cervexa sen alcol para enganar ao corpo. Quería a Raquel, pero ela xa non o quería a el e iso era o que verdadeiramente importaba. Así son as cousas. Así se nos presenta a vida. Cando cres que o tes todo, cando xa te planteas senta-la cabeza, vai e un gordecho comemerdas interponse no teu camiño. E ficas varado, no medio do desconcerto. E tentas lembrar a última vez que apertache á túa Diane Keaton, a última vez que fixeches o amor con ela, a última vez que vos bicastes...
Despois de proxectada Annie Hall, Xan vaise á cama cos ollos pegañentos polo sono e a melancolía. Puto cabrón de merda!!!!!!!!!1
Bótala de menos e enxergas a idea do suicidio, a renuncia cobarde á unha vida que soñaras con Raquel, con máis ninguén.
Paradoxo existencial. Nin contigo nen sen ti. Farto estabas de recunchos inertes. Farto, das longas noites de almofada revolta, de sabas húmidas pola morriñenta nostalxia.
Había días que eran malos, peores... agora, desde que Raquel desaparecera da súa vida, Xan ía desfacéndose en remorsos preguntándose o porqué, algún motivo, procurando unha culpa que nin él nin ela tiñan. Unha pseudo-culpa que só pertencía ao amor e á encabritada envexa, máis ben, daquel lambeconas que lle fodera a muller da súa vida.
Malos tempos para recompoñer anacos, momentos esnaquizados, Xan seguía sen poder durmir....
e parecía que Morfeo ía estar fóra do seu lar uns cantos días máis...

viernes, 9 de marzo de 2007

A revancha do amor

A TI, que me ensinaches a estar triste sen dicilo
a Ti, que me deches a coñecer centos de cousas
a Ti, doce e tenra como a chuvia inesperada
a Ti, como a revancha do amor

Mañá escomenza unha nova etapa
e nesa etapa poida que esteamos os dous

a Ti, e a máis ninguén
todo volta a coller sentido se les isto
todo terá aínda máis sentido se deixas comentario
(estou pedichón hoxe eh??)

A ti... por quen actualizo hoxe... a ti pola distancia que nos une...
a revancha do amor pode nos facer sorrir ou chorar... pero
de todas formas tan só para ti

martes, 6 de marzo de 2007


Cadro: The wonderful life of Dali

Pendurados da cociña uns garfos que acribillan
Pesadelos, nostalxias, rimbombantes desexos
O aceite salpica na cociña
e ti nin te inmutas

voltarnos a encontrar
un sabor agridoce nos beizos
un talvez, que sei eu
voltarnos a namorar

Coitelos voadores
Cadeiras que senten sen medo
o bruar do noso pensamento

Verbas desleixadas
Cadernos de pastas luidas
xirar, xirar, xirar...
sen nada asimilar

Ir esvaecendo coma pantasmas no espello


Ela cubriuse de valor e botou a andar. Non máis golpes, non máis medos. Ela mirábase no espello da habitación unha e outra vez e xa non tiña vontade de se matar. O seu reflexo dáballe forza. Ir esvaecendo coma pantasmas no espello. Gústaballe ver como os seus pantasmas se esvaecían con ela nunha espiral de torturas de antano. Dor contida. Berrar por dentro cando ninguén está contigo, cando ninguén parece escoitarte.
Ás veces estamos rodeados de montes de xente... mais estamos sós na noite. Non entendemos o que nos pasa. Non queremos ser tan profundos nen pensar tanto. Mais non somos capaces e decidimos desaparecer nunha sombra coma as pantasmas do espello que hai tempo que ela non limpa... onde só quedan as marcas do seu alento no cristal, onde só queda a súa ollada perdida nun horizonte que nunca existiu....

O maltrato é a pantasma que irá esvaecendo nalgún triste espello da cidade

lunes, 5 de marzo de 2007

Comenzamos esta andaina bloggeira...


E qué mellor maneira de comezar que con un dos grandes do xornalismo que este ano nos deixou...
Ryzkard Kapuscinski. Este escritor polaco deixounos un legado inconmensurable para os futuros xornalistas... segundo el, os cínicos non serven para este oficio... estivo nos países máis recónditos de África... sufriu as peores enfermidades cos máis desfavorecidos... relatou a súa particular visión dos costumes e vidas de xentes que non tiñan voz neste mundo... dignificou o labor dos corresponsais de guerra... arriscou, describiu, soñou, loitou, experimentou, narrou, albiscou momentos que xa nos gustaría aos que agora comezamos a comprender que o xornalismo non se estuda nunha facultade, senón que se practica indo ao lugar dos feitos, vivindo en primeira persoa o que suceda, ao pé da noticia... a ver se de verdade cando saiamos da facultade estamos máis motivados para poder contar ao mundo o que pasa ao seu redor, nos máis recónditos lugares agochados entre xentes de diferentes culturas...
Cada vez teño máis claro que me gustaría ser corresponsal... aínda que nunca chegue a ser como Kapuscinski... alomenos cumprir o soño de viaxar traballando jijiji