lunes, 5 de marzo de 2007

Comenzamos esta andaina bloggeira...


E qué mellor maneira de comezar que con un dos grandes do xornalismo que este ano nos deixou...
Ryzkard Kapuscinski. Este escritor polaco deixounos un legado inconmensurable para os futuros xornalistas... segundo el, os cínicos non serven para este oficio... estivo nos países máis recónditos de África... sufriu as peores enfermidades cos máis desfavorecidos... relatou a súa particular visión dos costumes e vidas de xentes que non tiñan voz neste mundo... dignificou o labor dos corresponsais de guerra... arriscou, describiu, soñou, loitou, experimentou, narrou, albiscou momentos que xa nos gustaría aos que agora comezamos a comprender que o xornalismo non se estuda nunha facultade, senón que se practica indo ao lugar dos feitos, vivindo en primeira persoa o que suceda, ao pé da noticia... a ver se de verdade cando saiamos da facultade estamos máis motivados para poder contar ao mundo o que pasa ao seu redor, nos máis recónditos lugares agochados entre xentes de diferentes culturas...
Cada vez teño máis claro que me gustaría ser corresponsal... aínda que nunca chegue a ser como Kapuscinski... alomenos cumprir o soño de viaxar traballando jijiji

4 comentarios:

cabelodeanxo dijo...

adfasdfafdadfafad

A silenciosa no deserto dijo...

Oes, baixa xeito de autocontestarse!
Nada, no descansiño da clase de galego, por aquí me atopo... E veñen de me saltar dúas frases que o outro día a miña falta de pasta para o ordenador de prepago deixou penduradas, recén saidiñas dos teus dedos... (pk / unha persoa coma ti...)

Remátoa eu: non merece nin un salaio de esquecemento.

Chove por eses lares, meu?

Chicapotingues dijo...

Realmente la facultad no nos ha servido para nada, solo para conocer a personajes como Kapuscinski o Capote. Y, quizás, solo por eso, compensa el estar cuatro años en esta mierda de facultad. O quizás no, nunca lo sabremos... Un beso. Enhorabuena por los blogs

Laura dijo...

Estou con Andreia, a min o mellor que ma pasou nestes tres anos foi conocer a Kapuscinski, e o mellor que fixo el por min foi ensinarme África. Deberiamos estar todos de loito.
Noraboa polo blog, me gusta.
Un bico.