lunes, 12 de marzo de 2007

Entre bocinazos estridentes às 3.32 a.m., Xan non era quen de durmir. Levaba unhas dúas horas tentando que o sopor e o cansazo o deixaran grogui...
Decidiu erguerse e poñer un dos seus filmes favoritos: Annie Hall de Woody Allen. Custáralle moito decantarse entre Manhattan e ésta última. Cecais fose a personaxe de Diane Keaton, cecais o formato do filme (a cor no canto de en branco e negro de Manhattan).
No transcurso do monólogo de Alvy (Allen) do principio da fita, Xan asomouse á fiestra. Era entroido. Un par de garridos disfrazados paseaban polas ruelas molladas da cidade. Batman e Superman. Home. HOme. HOme. Man. Man.Man.
Sentía frustración e o xeito de canalizala, sen dúbida, era vendo e oindo eses diálogos do neoiorquino.
Esa ironía que tanto o complacía, facéndoo esquecer por un momento que a súa particular Annie Hall tamén o deixara por outro mamón, por outro fillo de puta.
Xan tiña uns 30 anos, fumaba Winston e bebía cervexa sen alcol para enganar ao corpo. Quería a Raquel, pero ela xa non o quería a el e iso era o que verdadeiramente importaba. Así son as cousas. Así se nos presenta a vida. Cando cres que o tes todo, cando xa te planteas senta-la cabeza, vai e un gordecho comemerdas interponse no teu camiño. E ficas varado, no medio do desconcerto. E tentas lembrar a última vez que apertache á túa Diane Keaton, a última vez que fixeches o amor con ela, a última vez que vos bicastes...
Despois de proxectada Annie Hall, Xan vaise á cama cos ollos pegañentos polo sono e a melancolía. Puto cabrón de merda!!!!!!!!!1
Bótala de menos e enxergas a idea do suicidio, a renuncia cobarde á unha vida que soñaras con Raquel, con máis ninguén.
Paradoxo existencial. Nin contigo nen sen ti. Farto estabas de recunchos inertes. Farto, das longas noites de almofada revolta, de sabas húmidas pola morriñenta nostalxia.
Había días que eran malos, peores... agora, desde que Raquel desaparecera da súa vida, Xan ía desfacéndose en remorsos preguntándose o porqué, algún motivo, procurando unha culpa que nin él nin ela tiñan. Unha pseudo-culpa que só pertencía ao amor e á encabritada envexa, máis ben, daquel lambeconas que lle fodera a muller da súa vida.
Malos tempos para recompoñer anacos, momentos esnaquizados, Xan seguía sen poder durmir....
e parecía que Morfeo ía estar fóra do seu lar uns cantos días máis...

2 comentarios:

Andreia dijo...

Mi papá se llama Xan!!! Jajajaja. ¿Lo escribiste tú? Muy bonito

cabelodeanxo dijo...

sí lo he escrito yo...
pues a mí no me convence del todo... es de esos textos que empiezas y que no tienen por donde cogerse y entonces decides poner punto y final a la historia jejeje

un beso