lunes, 26 de marzo de 2007

Da enciclopedia aos meus ollos

¿quen me ía dicir que ía pasar de ter entre as miñas mans unha foto de Lisboa dentro dunha enciclopedia a ter entre as miñas mans unha foto feita por min no lugar dos feitos?

Bonitos xardíns do Parque Eduardo VII, bonita estatua do Marqués de Pombal ao fondo...
tráfego... tranquilidade... cans a pasear... a Estufa Fría (porei foto máis adiante)
unha fonte, un lago, xente distraida... bancos no medio da multitude... bancos suministradores de cartos...
soños en xardíns... sentados con alguén ou cun mesmo....

Camiñar un sábado pola tarde con esa persoa... desaparecer do mapa... cruzarse con xente completamente descoñecida e sorrir... embargado por unha sensación agradable de absoluto anonimato... camiñar sen dar explicacións... fuxir por un momento da cotidianeidade dos días...
sentir sen que ninguén saiba o que sentes... agocharte entre labirintos de paixón... empuxarte ao abismo sen medo a que ninguén estea aí para te recoller...
Correr por entre os camiños inescrutábeis da vida... quebrar as luces coa mirada cansa de tanto desexar a ese alguén que non está...
Camiñar sobre unha liña de fogo ao borde do suicidio, como un funambulista tolo que acaba de chegar por primeira vez ao circo.

4 comentarios:

Iria dijo...

Un lugar fermoso, sen dúbida...
A min encántaríame algún día poder perderme nas Ramblas de Barcelona, para sentir ke sinto sen saber qué estou sentindo; para poder pensar sen interrupcións...
Gustaríame sentarme nun banco de madeira e ver a xente de todas as razas e cores mesturarse sen distincións, sen que ninguén mire distinto a alguén...
Quizáis sexa unha ilusión, un soño, unha forma de vida...pero sexa nas Ramblas de Barcelona ou nos Campos Elíseos de París, algún día perdereime para sentir canto tí ben describes...
Bikos

silvia dijo...

jo, q bonito anxo¡¡¡ aqí xa non quedan lugares donde ser anónimo.. todo o mundo sabe donde tas e q fas... que envidia¡¡¡

Andreia dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Martita dijo...

M encanta ese sitio ... algun dia ire ... kda apuntado en mis lugares pndientes x visitar.
Pasear x ai si k tiene k ser bonito ... i si paseas kn alguien especial aun mas
Kiero ser anonima i desaparecer .. m parece k m voi ir mña pa ayi ... yo i mi trivial x supuesto jejeje
Muaksssssssssssss