
a Ti, que me deches a coñecer centos de cousas
a Ti, doce e tenra como a chuvia inesperada
a Ti, como a revancha do amor
Mañá escomenza unha nova etapa
e nesa etapa poida que esteamos os dous
a Ti, e a máis ninguén
todo volta a coller sentido se les isto
todo terá aínda máis sentido se deixas comentario
(estou pedichón hoxe eh??)
A ti... por quen actualizo hoxe... a ti pola distancia que nos une...
a revancha do amor pode nos facer sorrir ou chorar... pero
de todas formas tan só para ti
2 comentarios:
Hummm qué misterioso....
A poucos minutos de entrar no centro comercial para compartir risos e paranoias coas dúas pequenas máis lindasss...)
Non sei se é posíbel igualar neste intre algo así.
Alejandra Pizarnik, k se mezcla nas tardes do Barbaña e aparece logo na Trampa, entre culleradas de ilusión e moitas gañas.
Unha aperta longa, e a esperanza dunha resposta de menta e agarimo.
(E UNHA PALABRA ESCONDIDA)
Publicar un comentario