miércoles, 23 de mayo de 2007

a corda ténsase e xa non camiño con medo

Camiñando en círculos concéntricos cara a o non espazo.
Saltando pingas de auga cara un tempo sempiterno e ineludíbel cheguei ata ti.
Formouse no camiño un verde azulado que nos rebentou os esquemas... o rosa esbrancuxado apoderouse do meu azul-negro....
e só ficaba o marrón... esa sensación de deixarse ir... como cando a corda se tensa e deixamos de camiñar sen medo...
funambulistas firmes e decidos sobre o amor. Experimentar distintos vieiros e probar a andar abrazados, sen tropezar en ningún momento. Somos uns artistas na arte de caer... pero cando a corda se tensa, outra arte se apodera de nós...
e xa non caemos, nin temos medo, nin ollamos para atrás... ningún coche nos pode rompe-lo soño. O teu rosa esbrancuxado co meu verde-azul... O meu verde en branco e negro rodeando ese rosa esbrancuxado....

A CORDA TÉNSASE E XA NON CAMIÑO CON MEDO

2 comentarios:

Chicapotingues dijo...

Amor entre converse y bailarina? O entre sus dueños... xDD Un bico enorme

Juanan!! dijo...

No he entendido gran cosa, pero... ¡Tienes una zapas rotas verdes super chulas!