viernes, 6 de abril de 2007

Paixón

O infinito estoura dentro de min. Un, dous, tres... saudades. Dores contidas.
Até o paroxismo, a paradoxa. Remendar brazos e pernas. Mutilarnos os beizos. Esnaquizar ferramentas de amar apaixonadamente. Tirar noxentos odios ao lixo. Rirnos mentres facemos o amor. Acabar exhaustos, xuntado a suor, mastigando sensacións. Acorralar medos. estampar contra a parede do salón os nosos máis secretos anceios.
Encher cadernos inútiles con liñas febles, mais duradeiras. Cotexar os corpos. Medir as etiquetas. Rachar pantalóns inservibles para logo camiñar espidos polo corredor.
Unha porta, Tres fiestras, un cadro. Estoura o infinito cando nos unimos en conxuncións e apertas prohibidas.
Para o tempo e o espazo expándese cando as túas mans percorren a miña espalda. Silencio. A nosa respiración marcando o ritmo. Os nosos corpos móvense frenéticamente sobre as sabas impregnadas de desexo. Bailamos un vals. O silencio escacha e os poros da pel irrítanse. Queren máis. Acadar a cima, berrar de pracer, chegar ao clímax.

1 comentario:

Chicapotingues dijo...

Hummmmm que sensual y a la vez qué bonito... Me encanta como escribes, aunque tu lenguaje en gallego me cueste entenderlo :S