![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjMKFUhXlrJ0luyb65wYXThYZjt9yowmXVxVWPS_WwgafV_MYhlUqgvXwkQTHwxN-y4YAVBX3q_vVMerqctk7LpzTjewV6cM_IMB5xU8CtgxaFs4h3zxvw1nF4VJP5NNt7CkYLRXOPlJE3x/s320/terrakota.jpg)
Sen palabras. Sen folgos acabamos. Bailando durante unha hora e media... A verdade é que son uns putos cracks. A fusión e a peculiar voz da cantante- onde a ven, ten xa dous fillos- cautivoume desde o primeiro segundo. Se ben é certo, que se demoraron unha hora pagou a pena a longa espera... e tanto!!!
Terrakota é un grupo portugués que mestura sons africanos con reminiscencias flamencas. Frases en inglés, portugués, español, francés, wollof, soussou, yoruba, mandinga, hindú e africano demostran que son cidadáns do mundo tal e como dicía Sócrates. A súa verba preferida é Liberdade, palabra que está implícita en todos e cada un dos temas que interpretan faga frío faga calor cun espírito africano de irse desprendendo, de vivi-lo momento...
Sen palabras. A ver se consigo subir algún vídeo deste grupo que descubrín hai pouco. Unha grande descuberta sen dúbida... e aínda por riba en Lisboa...
Hai días en que me sinto un auténtico afortunado, coma onte pola noite. A ver se se repiten días coma os de onte antes de que a facultade feche e teña que voltar a Santiago.
2 comentarios:
ale otro comentario mio mas... y aun te kejaras ya veras..... este me gusta mas k el otro es mas.... de cosas no transcendentales jajajaja pero los dos estan mu biennn
un muaaa
A verdade é que o concerto ten moi boa pinta. sigue intentando subir un video e así podemos velos nós tamén. non te agobies co de que a facultade vai pechar, porque eu creo que non che imos ver por Santiago ata o verán.
Un bico
Publicar un comentario